Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 117 Merla Aínda que o feminino merla (< latín MERULAM ) e o masculino merlo son denominacións dunha ave moi común, tamén é frecuente o em- prego destes ornitónimos como alcumes ou sobrenomes persoais, polo que cremos que o nome O Chan da Merla (unha propiedade que es- trema co camiño dos Barros e co actualmente chamado camiño de Dimadeus) non fai referencia á presenza desas aves no lugar, senón que contén un alcume ou un apelido de propietario, ben a partir dunha mu- ller alcumada A Merla , ben como feminino adxectival dun sobrenome masculino ( A Merla co valor de ‘A do Merlo’). Menora ▶ Franciscanos Mezquita, Mesquita A Mezquita era o nome duns terreos, hoxe desaparecidos, á beira do tamén desaparecido camiño das Campaceiras, onde se edificou o novo hospital. Aínda que o Padre Sarmiento recolle mezquita ou mesquita como nome portugués da planta tamén chamada xilbarda ou xilbarbeira , o Ruscus aculeatus , non temos constancia do emprego desa denomi- nación no galego destas áreas e debemos atribuírlle outra orixe a este topónimo. Quizais é unha recreación humorística dalgún topónimo pre- cedente, acaso vinculado aos mouros das tradicións populares (que non son propiamente musulmáns, senón precristiáns, por iso se asocian aos monumentos megalíticos e aos restos arqueolóxicos prehistóricos) ou a algún propietario alcumado Mouro . Que non se rexistre no Catastro de Ensenada fainos considerar que é un topónimo relativamente recente. Millada, A Recibe o nome de A Millada unha propiedade edificada na área co- ñecida como Os Campos do Larín, no camiño do Larín, no Carballo do Pazo. O topónimo é un derivado de millo , probablemente co mesmo valor que ten en pan millado ‘pan con millo’, acaso porque se dedicou esa terra ao cultivo dese cereal. Refírese probablemente ao que hoxe co- ñecemos como millo , isto é, o millo groso ou millo americano , e non ao
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1