Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 116 era cousa ben extraordinaria, e non é de estrañar que deixara pegada na memoria das xentes e no nome dun lugar relacionado coa vida ou coa morte da súa protagonista. Marzos É escuro o segundo elemento do topónimo o Camiño dos Marzos , en Dornelas. Talvez se trate do plural dunha forma apocopada ou hipoco- rística do nome persoal Marcelo , que acaso se aplicou a terreos que eran propiedade do mesmo individuo que motivou o topónimo Casmarcelo , non moi distante do camiño dos Marzos, ou quizais se lles aplicou o sobrenome de Os Marzos aos fillos ou aos herdeiros dese Marcelo. Mata Mato e Mata son palabras de orixe prerromana que designaban o monte bravo ou o bosque. A forma feminina está presente no nome da veciña parroquia de Matamá e, precedida da preposición so-, su - (< la- tín SUB ), no nome do Camiño de Sumata , no Facho. Matías O nome persoal Matías é de orixe hebrea. Como nome dun dos apóstolos, difundiuse co cristianismo e tivo entre nós un uso relativa- mente frecuente. Está presente en dous topónimos que designaban dúas realidades hoxe desaparecidas, onda o antigo campo de fútbol das Pre- sas, na Pena: o Lugar de Matías e o Muíño de Matías . Meana, A Reciben o nome de A Meana ou o Lugar da Meana uns campos de la- bor na estrada da Coutada, na parte que baixa dende a encrucillada coa estrada dos Seixiños. Debe de tratarse dun feminino adxectival creado a partir dun sobrenome ou dun apelido Meán (< MEDIANUM ), de xeito que A Meana viría sendo equivalente a ‘A de Meán’.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1