Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 115 referimos ao tratarmos o topónimo A Batalla. Chamábase María Ignacia Montenegro. No libro titulado Tierra de Fragoso , José Espinosa, cronista de Vigo, ao referirse aos sucesos de marzo de 1809, coa toma da cidade polos franceses e a posterior liberación ou reconquista, dá noticia de que no Libro de defuntos de Castrelos se consigna a sepultura nesa parroquia de tres veciños de Beade, mortos polos franceses o día 28 de marzo. Mais no capítulo onde copia as tres anotacións dese Libro de defuntos , vemos unicamente dous enterramentos dese día. A terceira anotación (a primeira, en orde cronolóxica) corresponde a tres semanas antes e refí- rese á defunción e ao enterro de María Ignacia Montenegro. Polo texto da nota sabemos que a relixiosa abandonara o convento das Encerradas de Tui, fuxindo «de la fiereza de los franceses», para buscar refuxio en Castrelos, onde vivía a súa familia. As palabras de Espinosa, que falan de tres mortos, dan a entender que a monxa tamén foi asasinada polos franceses, pero no Libro de defuntos fálase sucintamente dun accidente . Semella verosímil que María Ignacia Montenegro padecera o seu acci- dente mortal no termo de Beade e que logo fora enterrada en Castrelos, pois alí residía temporalmente. Acaso tivo lugar ese accidente nas terras que hoxe levan o seu nome? As anotacións correspondentes aos outros dous defuntos reproducímolas ao falar do topónimo A Batalla . Velaquí a relativa a esa María Ignacia: En la iglesia parroquial de Santa María de Castrelos, el día seis de Marzo del año de mil ocho- cientos y nueve, yo Don Ramón Alvarez, Cura Párroco y Prior de ella, asistí a dar sepultura eclesiástica al cadáver de doña María Ignacia Montenegro , religiosa profesa del combento de Tuy, que se havia refugiado en esta parroquia por oyr de la fiereza de los franceses ; recibió el Sacramento de la Extremaunción, no el de la Penitencia y Comunión, por averse muerto de un accidente ; aistieron a su entierro treinta y ocho señores sacerdotes yncluso yo el párroco, y para que conste lo firmo. - Ramon Alvarez. Aínda que existe certa tradición local que relaciona outro topónimo de Beade, A Batalla , cos sucesos de marzo de 1809, a documentación histórica obríganos a desmentir esa relación. Pero se, como supoñe- mos, a María Ignacia que deu nome á paraxe de Marinasia e ao camiño de Marinasia foi esta fidalga monxa que fuxiu do convento tudense por medo dos franceses e acabou morrendo dun accidente en Beade, xa temos aquí un topónimo relativo a aqueles días das Proezas de Galicia . A solemnidade dun enterro con nada menos que trinta e oito sacerdotes

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1