Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 114 Marinasia (vía pública no mesmo lugar). Na rotulación viaria e na docu- mentación municipal recente atopamos a presenza dun artigo vacilante para estes topónimos, * A Marinasia e camiño *ao (sic) Marinasia , pero a tradición escrita recolle este topónimo sempre sen artigo. Nun testamen- to de hai máis dun século (1903), na enumeración de varias herdades en Beade lemos «un cuarto de ferrado (…) en donde dicen la de Marin- asia », «…que llaman la de Marinasia », «el mismo sitio de Marinacia ». Esta última grafía, que corrixe o seseo da fala local, permite interpre- tar o topónimo como o nome feminino María Ignacia . Para sabermos quen puido ser esa muller que deixou memoria de si na toponimia de Beade, o propio nome pode axudarnos a establecer unha cronoloxía aproximada. Ignacio , nome persoal de orixe hispana e incorporado ao repertorio onomástico latino, tivo emprego como nome masculino na península desde hai centos de anos, pero a súa época de maior difusión coincide cos momentos de máximo poder dos xesuítas entre os séculos XVII e XVIII . Durante ese período, o nome Ignacio pasa a situarse entre os nomes de home máis comúns, e tamén adquire significativa frecuencia de uso o correspondente feminino. Unha ollada ao libro do vecindario do Catas- tro de Ensenada de calquera parroquia abonda para advertir o común que era o nome feminino Ignacia a mediados do século XVIII . No último terzo dese século, non obstante, diminúe notablemente a imposición deses nomes aos bautizados, e aínda que o masculino sobreviviu e con- tinuou tendo certa vixencia (no século XX habería de coñecer un novo incremento de uso), o correspondente feminino entrou en decadencia. As datas significativas que enmarcan a época en que estivo de moda o nome Ignacia son 1622, ano da canonización de Ignacio de Loyola polo papa Gregorio XV , e 1767, data de expulsión da Compañía de Xesús no reinado de Carlos III . Así pois, é moi probable que a muller chamada María Ignacia que deixou pegada na toponimia de Beade na- cera no período comprendido entre esas datas. Por outra parte, a ausencia dese topónimo nos libros do Catastro de Ensenada relativos á parroquia de Beade (1752) lévannos a reducir aínda máis o abano cronolóxico. Da documentación que se manexou para buscar mulleres chamadas María Ignacia en Beade nun período que ocupa a segunda metade do século XVIII e as primeiras décadas do XIX , as sospeitas recaen sobre unha monxa que andou por Beade e por Castrelos no mes de marzo de 1809, pouco antes dos sucesos que

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1