Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 113 conxunto de casas ao longo do camiño do Norberto, en Babio), o Lugar de Dorindo o Terrible (propiedade no camiño do Lombeiro, na Pena), o Lugar de Matías (na Pena, hoxe desaparecido) e o Lugar do Ramón dos Pinos , entre Babio e O Carballo do Pazo, no final da vía chamada Camiño do Ramón dos Pinos. Manguela ▶ Rabela Manota, Os de Cremos que contén un sobrenome formado co adxectivo e co subs- tantivo manoto, manota ‘manco’, derivado de man , o topónimo Os de Manota , nome dun campo de labradío entre a estrada da Coutada e o camiño da Barreira. Marta O Lugar de Marta é o nome unha propiedade edificada en Babio, no curruncho de casas que hai entre a rúa de Babio, o camiño de Rosalía e a rúa de Ramiro Pascual. Contén o antropónimo feminino Marta , que supoñemos o nome dunha propietaria. Marcelo, Casmarcelo ▶ Casa Marco Grande O Marco Grande era unha pedra de demarcación situada na parte máis elevada de Beade, no Porto, que servía de referencia para o linde do monte de tres parroquias estremeiras: Beade, Bembrive e Zamáns. Atopábase antigamente a carón do depósito de auga de Beade, no ac- tual campus universitario (Cuvi). Marinasia Este nome está presente en dous topónimos de Beade: Marinasia (terras de labor nas inmediacións do Seixo e de Saa) e o Camiño de

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1