Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 112 Castrelos, pero que é propiamente un topónimo desta última parro- quia, temos exemplos deste substantivo no nome do campo chamado O Loureiro , terras de labor ao final do camiño da Barxa de Arriba, en Babio, e mais O Loureiro , terreos edificados na rúa da Lagoa, a ambos os lados da rúa de Saa. Lugar Ademais do significado xenérico de ‘sitio, localización’, o substantivo lugar ten en moitas áreas de Galicia o significado de ‘pequena entidade de poboación, aldea’. Pola contra, na fala e na toponimia de Beade, e en xeral en boa parte do territorio da diocese de Tui, lugar ten un uso espe- cífico para designar unha vivenda unifamiliar illada e as súas propieda- des inmediatas pechadas sobre si: a casa, o eixido ( enxido na fala local) con viñas ou árbores froiteiras, o curral e algunha construción auxiliar. Nos libros de apeos do convento de San Domingos de Pontevedra no sé- culo XIX hai varias referencias a un «Lugar de Bastián de Figueiró» entre as propiedades anexas ao Foro do Carballo do Pazo , en Beade. O signi- ficado que ten aí o termo lugar é o mesmo que en documentación cen anos anterior se explica como a «casa y quinteiro» en que vive o foreiro. Recollemos este termo nos nomes do Lugar de Agustín ou do Lu- gar dos Agustinachos (no camiño da Barreira, na Gándara), o Lugar da Meana (campos de labradío na estrada da Coutada), o Lugar dos Para- das (propiedade edificada no camiño do Pombal, contén no seu nome un apelido de propietarios), o Lugar de Abaixo (propiedade na rúa do Lombeiro, na Pena), o Lugar daVenda (propiedade edificada no camiño das Campaceiras), o Lugar do Crego ou o Lugar da Peteta (propiedade edificada entre a rúa de Babio, o camiño de Rosalía e a rúa de Ramiro Pascual, en Babio), o Lugar de Marta (propiedade edificada en Babio, preto da anterior), o Lugar dos Coquetas (propiedade edificada entre a rúa de Ramiro Pascual, o camiño dos Carrexóns e o camiño de Rosalía, en Babio), o Lugar da Bica (propiedade na estrada da Venda, inme- diata á primeira curva en dirección ao Porto), o Lugar dos Cruceiros (no camiño da Quinta, en Babio), o Lugar dos Lavandeira (propiedade privada en Babio, ao lado do cruce de Babio, na actual rúa de Ramiro Pascual, en dirección leste), o Lugar do Monte (área que abrangue un

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1