Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 111 Liberal Levan o nome de A do Liberal ou A de Liberal uns terreos edificados na rúa das Chabarras. Contén un sobrenome ou un alcume persoal, acaso relacionado coa opción política do propietario durante o período (no primeiro terzo do século XIX ) que enfrontaba liberais contra absolu- tistas. Os termos liberal, liberalismo , estendidos logo a outras linguas, naceron na España dos tempos das Cortes de Cádiz de 1812. Lobo ▶ Toba do lobo, A Lodeiro, O Eran coñecidas como O Lodeiro unhas terras en Babio, hoxe des- aparecidas coa construción do cinto de circunvalación. Lodeiro pode ser o resultado do latín LUTARIUM , abundancial de LUTUM ‘lodo, lama’, e nese caso o topónimo designaría terras húmidas ou lamacentas, mais tamén cabe a posibilidade de que faga referencia á árbore de nome científico Celtis australis , tamén chamada en galego lodeiro ou lodoeiro (< latín * LOTANARIUM ), entre outras denominacións. Lombeiro ▶ 12. Lombeiro, O Longas, As O adxectivo galego longo, longa (< latín LONGUM , LONGAM ) ten moita presenza na toponimia, e polo regular fai referencia ás formas da oro- grafía ou das propiedades. En Beade, As Longas é unha denominación alternativa dos Campos do Cacharelo , terras situadas na estrema da parroquia, próximas ao centro de saúde de Matamá. Loureiro, O O nome galego do loureiro é un derivado de LAURUM , nome lati- no desta árbore. Ademais de Porto Loureiro , que aparece tradicional- mente nas demarcacións do territorio de Beade facendo estrema co de

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1