Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 109 ao galego, ao castelán e ao portugués, é unha palabra de orixe dubido- sa, probablemente céltica ou en calquera caso prerromana. Lata, Latiña De entre as diferentes acepcións que ten en galego o substantivo lata , de orixe prerromana, na toponimia adoitan estar presentes dúas: a de lata como ‘estrutura que sostén unha parra’, e a de ‘tira longa e es- treita’, aplicada esta a propiedades que teñen esa forma (véxase Rabela, Manguela etc.). Temos un diminutivo no Camiño da Latiña («Camiño A Latiña», no rótulo) no Porto, que tomou o seu nome dunhas terras próximas chamadas A Latiña . Segundo os informantes, o nome tradi- cional dese camiño era Camiño do Señor Diego . Lavadouro O substantivo común galego lavadoiro (< latín LAVATORIUM ) presenta en toda a área suroccidental de Galicia a variante lavadouro (coma en corredoira / corredoura ). Desde finais do século XIX , a forma tradicional galega foi perdendo uso fronte ao castelanismo lavadeiro (adaptación ao galego do castelán lavadero ). Con todo, na documentación antiga da parroquia de Beade rexistramos reiteradamente a forma local non caste- lanizada: «situación dos Lavadouros» (en Abalde), «donde dicen Lava- douro» (en Riomao), «sitio del Lavadouro» etc. Na fala local de Beade, os lavadouros son tamén coñecidos como fontes , como acontece con o Lavadouro da Bouza ou Fonte da Bouza (fonte e lavadoiro privados nos terreos coñecidos como A Bouza, en Babio), Fonte ou Lavadouro da Lagoa , Fonte ou Lavadouro da Morena e Fonte ou Lavadouro do Barranco de Patuco . Lavandeira, A A Lavandeira é o nome que recibe un conxunto de terras situadas na zona de Saa, lindando xa con Abalde, comprendidas entre o camiño da Barxiña, o camiño da Brea e os campos coñecidos como As Barxiñas.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1