Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 108 sur de Lugo) lama e o seu derivado lameiro pasaron do significado orixi- nario de ‘terreo con auga abundante’ ao de ‘prado, terreo destinado a pasteiro de herba’. Na toponimia de Beade temos ambas as formas, masculina e feminina: A Lameira e a Fonte da Lameira (propiedades e fonte na rúa de Abalde) e O Lameiro e mais o Camiño do Lameiro (campos e vía pública no Carballo do Pazo). Laranxo, ▶ Naranxo, O Largo Do adxectivo largo (< latín LARGUM ‘amplo’) procede o substantivo común largo , que designa unha especie de praza ou espazo aberto e común situado entre edificacións. Está presente no topónimo O Largo das Presas , área chá próxima á Ponte das Presas, na Pena. Larín O Camiño do Larín («de Larín» no rótulo municipal) é unha vía pú- blica no Carballo do Pazo. Os campos dos arredores, entre O Sorrego e A Batalla, reciben o nome de Campos do Larín . No final do camiño da Batalla, próxima á presa dos Mortos, atópase a Fonte do Larín . O ele- mento Larín que conteñen estes topónimos semella un sobrenome ou un apelido de propietario, acaso coñecido así por ser orixinario dalgunha das catro entidades de poboación chamadas Larín que recolle o Nomen- clátor de Galicia. O topónimo Larín é o resultado dun xenitivo Lallini , dun nome persoal altomedieval Lallinus (de onde procede tamén Lalín ). Lascas, As Son coñecidas como As Lascas unhas coutadas nas inmediacións da estrada dos Seixiños, á beira da vía pública denominada Camiño das Lascas . Estes topónimos probablemente fan referencia a certas formacións pétreas, de cantos agudos, nas proximidades deses lugares. O substantivo lasca ‘fragmento desprendido dun óso ou pedra’, común

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1