Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 107 Lago, O; Lagoa, A Os substantivos lago e lagoa (do latín LACUM , LACUNAM ) teñen moita presenza na toponimia, e tanto poden designar masas de auga perma- nentes como sitios facilmente inundables durante parte do ano. Temos o primeiro destes substantivos en dous topónimos de Beade motivados pola mesma realidade xeográfica: O Lago (zona de arboredo no barrio da Pena) e o Camiño do Lago (vía pública no mesmo lugar). O feminino lagoa está presente en varios microtopónimos da parroquia de Beade: A Lagoa (campo sen traballar no final do camiño do Covelo, na Coutada), A Lagoa (campos de labradío no ángulo da rúa de Babio coa vía de Clara Campoamor) e A Legoa /leghóa/ ou A Lagoa (horta na estrada do Porto, no Carballo do Pazo), a Rúa da Lagoa (en Saa e Abalde), A Lagoa e a Fonte da Lagoa (campos e fonte onda a rúa da Lagoa) e un plural As Lagoas (campos de labor ao final do camiño da Barxa de Arriba, por detrás do Loureiro, en Babio). Entre as propiedades que pagaban foro ao convento de San Domin- gos de Pontevedra entre os séculos XVIII e XIX na parroquia de Beade atopábase un Campo da Lagoa , en Saa, que cremos que se corresponde coa actual zona da rúa da Lagoa. Lagumeiro Lagumeiro é un substantivo común galego que os dicionarios defi- nen como ‘terreo moi húmido no que xeralmente nace a auga’ (DRAG). Está presente no nome da Presa dos Lagumeiros , situada na parte de abaixo do camiño do Gualdino, no Porto, hoxe desaparecida. Lagu- meiro , e o seu sinónimo lagoeiro , son derivados do latín LACUM ‘lago’. Lameiro, O; Lameira, A Lameiro e lameira son derivados do substantivo galego lama ‘barro, lodo, terra barrenta, terra enchoupada’. Lama é unha palabra de orixe prerromana que sobreviviu na toponimia de Galicia e do norte pe- ninsular (en Asturias e en León presenta a variante llama ) e tamén no léxico común do galego. Nalgunhas zonas de Galicia (en Ourense e no
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1