Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 106 emprego de Seu como forma abreviada de Senhor . En calquera caso, só a documentación escrita permitirá confirmar esta hipótese. Guinchas, As; Guinchoeira, A A Guinchoeira (ou Guinchueira ) ou As Guinchas son os nomes con que se coñecen os campos situados desde a bifurcación do camiño da Batalla ata o primeiro carreiro transversal do camiño do Cu da Viña. En galego guincho e guincha son nomes comúns que designan calquera «obxecto ou instrumento afiado ou de punta aguzada». Existen tamén en castelán cos mesmos significados, e tamén o verbo guinchar «picar o herir con la punta de un palo». Son palabras comúns ao galego, por- tugués e castelán, probablemente emparentadas con gancho (o dicio- nario da Real Academia Española cre que guincho é resultado dun cru- zamento de gancho e pincho ) e de orixe céltica, segundo Corominas. Na súa aplicación toponímica, As Guinchas quizais puido designar campos caracterizados por manteren o restrollo ( as guinchas ou canotos do cereal) desde a sega ata a labra da colleita do ano seguinte, mais tamén puido empregarse en sentido figurado, probablemente para de- signar propiedades de forma longa e estreita (véxase Manguela, Rabela, Xuguiñas etc.). A denominación alternativa, Guinchoeira ou Guinchuei- ra , un derivado co sufixo - eira , non parte de guincha (nese caso espera- riamos guincheira ), senón probablemente de guinchón ou doutra forma semellante, o que explica o U ou o O de Guinchueira, Guinchoeira . Hervellido, O ▶ Ervellido, O Home, Camiño de Morre O ▶ Morrer, Morte Jaco, A do É coñecida como A do Jaco unha propiedade edificada no recan- to formado pola rúa de Ramiro Pascual co camiño das Presiñas. Jaco semella un alcume de propietario; podería estar relacionado co subs- tantivo común castelán jaco, jaca ‘cabalo de montar’ ou acaso é forma apocopada do nome persoal Jacobo .

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1