Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 105 Gualdino Gualdino é un nome persoal masculino difundido desde Italia, onde se venera a figura de san Gualdino mártir. En España é de uso infrecuen- te, en Portugal é máis común. Algún propietario así chamado deixou pegada do seu nome na toponimia de Beade na denominación do Ca- miño do Gualdino («de Goaldino», na rotulación municipal), no Porto. Guardiana O Camiño da Guardiana é unha denominación alternativa do Ca- miño das Pedras (no rótulo municipal «Camiño da Pedra»). O feminino debe de corresponder a un adxectivo formado a partir dun alcume de propietario masculino, de sorte que A Guardiana viría sendo equivalen- te a ‘A do Guardián’, un sobrenome de oficio ou de profesión. Güello, A do É coñecida como A do Güello unha propiedade en Babio, a ambos os lados da rúa de Ramiro Pascual, ao pasar a Volta do Can Grande en dirección leste. Contén un alcume ou un sobrenome de propieta- rio, mais descoñecemos a orixe e o significado dese alcume. Quizais é unha alteración do substantivo castelán degüello . Guillermo de Seudores Segundo os informantes locais, o actual camiño da Barxa de Arri- ba, no Carballo do Pazo, era coñecido no pasado como Camiño de Guillermo de Seudores , probablemente polo nome dalgún propietario ou residente nese lugar. Guillermo (< W ILIELMUS ) é un nome persoal de orixe xermánica, que en galego adoita presentar unha variante con - e final, Guillerme . Descoñecemos a orixe e o significado do elemento Seudores . Non sería inverosímil que se tratase dun nome persoal por- tugués Seu Dores (‘Senhor Dores’) dado o uso que ten Dores en nomes masculinos (e non só femininos) en Portugal, onde tamén é común o
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1