Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 103 como Camiño da Garula , en Abalde. Coma tantos outros topónimos de Beade, ten orixe no alcume da familia propietaria, aínda que non sabemos se se trataba dun alcume masculino, e entón o topónimo representa un feminino adxectival (A Garula co valor de ‘A do Garulo’) ou se xa presentaba orixinariamente forma feminina. Posiblemente ten relación co verbo garular ‘armar ruído e barullo con voces e berros’, mais o alcume tamén podería orixinarse a partir dun significado de garulo como ‘cocón, ser ficticio con que os maiores asustan os nenos’, acepción recollida por Elixio Rivas en Saiáns: « garulo . s.m. Coco de los niños (Sayáns): Que vén o gharulo e cómete » (E. Rivas: Frampas , 1978, en DdD, s. v.). Gabianceira, A A Gabianceira Grande era o nome tradicional dunhas terras de la- bor hoxe ocupadas por unha propiedade edificada no inicio do actual camiño dos Seixiños, na Pena. O topónimo semella conter un derivado de gabián , palabra de orixe xermánica que se emprega en galego cos significados de ‘certa ave de rapina’ ou ‘brote longo, voluble e delga- do da vide que lle serve para asirse e gabear’. Tamén podería tratarse dunha forma derivada directamente do verbo gabear , da mesma orixe. No primeiro dos casos podería ser un zootopónimo, relativo á presenza ou á abundancia de gabiáns (as aves) nesa zona. Con todo, dada a lo- calización, próxima ao monte comunal, tamén é verosímil que o nome faga referencia á expansión das terras de labor provocada pola xenera- lización do millo groso ou millo americano, que fixo que os cultivos se estendesen gabeando cara ás terras elevadas, gañándolle territorio ao monte (véxase Cachada, Cavada etc.). O topónimo aparece rexistrado no Catastro de Ensenada, de 1752: «Coutada da Gabianzeira», «en la Gavianceira». Tamén consta no Libro de afanegados de Beade : «Ga- vianceyras», «sitio das Gavianceyras», «Gavianceyra». Goaldino ▶ Gualdino Gorgoso, O Na toponimia de Beade está presente este nome en O Gorgoso (monte no barrio de Saa, na estrema coa parroquia de Sárdoma) e o

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1