Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 102 Galeota, A A Galeota era o nome dunhas terras de labor no espazo onde hoxe se erixen as naves do parque tecnolóxico, no cabo do camiño así mes- mo denominado Camiño da Galeota . Semella un sobrenome formado sobre o substantivo común galeote ‘condenado a galeras’, usado como sobrenome e apelido. Coma outros topónimos constituídos pola forma feminina dun apelido ou dun alcume, podería ser en orixe un femini- no en función adxectiva relativo a un propietario masculino (A Galeota = ‘A do Galeote’ ou ‘A de Galeote’). O Catastro de Ensenada recolle na parroquia de Candeán un muíño situado «en el sitio da Galeota», que ha de responder á mesma motivación ca este topónimo de Beade. Galiñeira, A A Galiñeira é o nome duns campos situados a ambos os lados da estrada do Porto, xa pasado o camiño da Galeota, entre A Moucha e O Tranqueiro. O topónimo é un derivado de galiña (< latín GALLINAM ), mais descoñecemos a motivación que lle deu orixe. Podería facer refe- rencia á presenza de galiñas no lugar, ben galiñas domésticas ou, máis verosimilmente, aves silvestres como as chamadas galiñolas . Con todo, non podemos desbotar a posibilidade de que o topónimo se orixinase a partir dun sobrenome persoal ou familiar Galiñeiro ou Galiñeira . Galomacho A Fonte do Galomacho é unha denominación alternativa do lava- doiro coñecido tamén como A Fonte do Cornucho , en Abalde (véxase Corno, Cornucho ). Galomacho é un composto de galo (a ave) co adxec- tivo macho . Quizais foi en orixe un alcume persoal de propietario. Gándara ▶ 11. Gándara, A Garula, A Denomínanse A Garula unhas propiedades situadas preto da rúa da Cavada, ás cales se accede a través do camiño coñecido polos veciños

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1