Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 101 El lunes 20 por la tarde fui a ver las feixas da roca, que están casi media legua de la casa del cura en el río Caldelas (...) A vista de Pontevedra se oye la feixa o freixa del río de Marcón y del de Borela. (...) el decir algunos freijas será por el abuso de añadir R, como feijons, freijon s, etc. Es horror ver el espumarajo y oír el ruido que el agua hace en las mismas. (Sarmiento, Viaje a Galicia de 1745 ) É un topónimo relativamente frecuente no suroeste de Galicia (ade- mais das mencionadas no texto de Sarmiento que transcribimos podemos lembrar A Freixa ou A Feixa de Reboreda, en Redondela, no río Albedosa; A Freixa de Ponteareas, no Tea etc.). A Freixa é topónimo compartido por Beade e Sárdoma, pois a feixa ou cachón que suscitou o nome do lugar sitúase no río que establece a liña divisoria das parroquias. Está presen- te este nome nos topónimos A Freixa (zona do monte do Gorgoso, na estrema entre Beade e Sárdoma), Río da Freixa (tramo do río no mesmo lugar), Camiño das Feixas ou Camiño das Freixas (vía pública, oficial- mente denominada camiño de Treístas) e As Freixas (terras de labor nas inmediacións do camiño das Feixas ou camiño de Treístas). O plural As Freixas ou Feixas é un plural secundario, semellante ao doutros topónimos que aparecen na documentación antiga só en sin- gular e que presentan alternancia de número na actualidade, debido a que dan nome a terras de diferentes propietarios denominadas por un topónimo común. Polo Catastro de Ensenada sabemos que este topóni- mo de Beade e de Sárdoma só tiña a forma do singular no século XVIII ; nesa época, a variante tradicional ( Feixa ) xa convivía coa forma con -r-: «Campo da Feixa», «tierra en el lugar da Feixa», «sitio da Freixa», «sitio da Feija». Friales É coñecida como Friales unha área do monte de Beade. Este topóni- mo constitúe probablemente unha variante de Feales cun - r - adventicio (coma en Feixa / Freixa ). Feales é un plural de feal , derivado colectivo mediante o sufixo - al a partir do nome da planta chamada feo (< latín FOENUM ), unha especie de xunco. Frigueira ▶ filgueira, Folgueira
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1