Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 100 bar chamado «Los lunes al Sol». Tamén é coñecida como Fonte do Franco a fonte situada na estrada do Porto que aparece no catálogo mu- nicipal como Fonte Nova (a veciñanza coñécea como Fonte do Franco porque se acha nos campos coñecidos como O Franco ). O Franco é propiamente un apelido de propietario e en orixe sig- nificaba ‘francés’. Na documentación histórica atopamos a presenza deste apelido entre os habitantes de Beade. Como vemos nesa docu- mentación («a Úrsula Franca y a su hijo Gerónimo Franco»), o apelido tiña flexión de xénero, masculino ou feminino, segundo se aplicase a un home ou unha muller, fenómeno común para os apelidos que tiñan orixe en sobrenomes. A creación do Rexistro Civil, no último terzo do século XIX , fixou como invariable a forma masculina. Frascuelo O Camiño do Frascuelo é o nome dunha vía pública no Carballo do Pazo. Supoñemos que recibiu esta denominación a partir do so- brenome dalgún veciño das inmediacións coñecido como Frascuelo. Frascuelo foi o nome artístico dun toureiro andaluz do século XIX (1842- 1898), que acadou enorme celebridade e que nos serve de referencia cronolóxica para datar a orixe do topónimo. Freixa, A; Feixa, A Xa o Padre Sarmiento se interesou no século XVIII pola palabra galega feixa , que designa un cachón ou unha fervenza nun río. Na fala e na toponimia presenta dúas variantes: feixa , que sería a forma tradicional, e freixa , cun - r - adventicio que atopamos tamén noutras palabras, es- pecialmente nas iniciadas por f - (véxase o que comentamos sobre o topónimo Friales ). A orixe de freixa ou feixa é escura ou controvertida; hai autores que o relacionan con fraga e co verbo latino frango ‘rom- per’, mais tamén se ten proposto como étimo o latín FALASIA , polo que o nome feixa galego sería parente do francés falaise ‘acantilado, desnivel pronunciado’. O propio Sarmiento comenta a existencia (e censúraa) dunha variante con - r - ( freixa ) e compáraa co nome das fabas chamadas feixóns , que tamén recibían o nome de freixóns :

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1