Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 99 o camiño de Casmarcelo ata a encrucillada coa rúa da Cavada. O to- pónimo, que se repite no Camiño das Fanchonas , ten orixe no alcume familiar dos propietarios, segundo os informantes locais. Este alcume parece formado a partir do substantivo fanchón ‘bica ou torta de millo’. Na documentación histórica rexistramos un alcume idéntico nun pro- ceso da Inquisición «contra el ciego Andrés Cougil y su criada Isabel Rodríguez Maceda alias la Fanchona» (AHN Inquisición 3726, 16, ano 1783). Tamén podería tratarse dunha alteración fonética, condicionada por ese substantivo fanchón ‘torta, bica’, dun adxectivo feminino crea- do a partir do apelido Franchón , que rexistramos en Vigo no século XIX . Franchón é apelido de orixe francesa e en España é característico de áreas orientais e da costa mediterránea; o seu significado sería equiva- lente a ‘franco, francón, francés do norte’, relativo ao pobo xermánico dos francos . Franciscanos, Os Levan o nome de Os Franciscanos ou Campo dos Franciscanos unhas terras de arboredo onda o camiño de Palmira, no Porto. Temos constancia documental de que polo menos dous mosteiros francisca- nos tiveron no pasado propiedades ou rendas na parroquia de Beade: o convento de Nosa Señora dos Remedios de Vigo, de franciscanas me- nores observantes, e os franciscanos menores de Baiona, que tiñan o convento onde hoxe está o parador. É probable que este topónimo de Beade faga referencia a propiedades ou a rendas dalgunha desas comu- nidades relixiosas. Un topónimo A de Menora , ao comezo do camiño dos Campos Grandes, na Pena, podería ter tamén orixe nunha propiedade dos fran- ciscanos ou franciscanas menores, como sucede noutros La Menora ou As Menoras da toponimia peninsular, mais neste caso os informantes afirman que Menora é o sobrenome da propietaria. Franco, O Actualmente recibe o nome de O Franco a área situada entre O Er- vellido, a estrada do Porto e o actual camiño do Ervellido, detrás dun

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1