Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 98 fría , do latín FRIGIDA ( M ) . Na actualidade o topónimo Fontefría designa unha ampla extensión de monte pertencente ás parroquias de Beade e de Zamáns. Toma o seu nome dunha fonte situada a poucos metros da estrema entre as dúas parroquias, coñecida como a Fonte de Fontefría . Nas proximidades de Fontefría produciuse en marzo de 1809 a vi- toriosa acción dos veciños de Castrelos e de Beade contra as tropas francesas que viñan de Tui a Vigo. Está presente a mesma denominación noutros topónimos da parroquia de Beade: o Rego de Fontefría , que serve de estrema de Beade con Valadares, e mais A Vagoada de Fontefría , o fondal situado fronte á fonte de Fontefría, onde se pode ver o Marco de Fontefría que sinala a delimitación de Beade, Zamáns e Valadares. A estes debemos sumar tres exemplos co adxectivo nova : a Fonte Nova (campos de labor na Gándara, por riba do camiño da Barreira), a Fonte Nova (nome antigo da fonte de Castor, no camiño da Barreira) e a Fonte Nova (nome alternativo da Fonte do Franco, na estrada do Porto). 3. Outros topónimos que conteñen o substantivo fonte son: Entre as Fontes/Entre Fontes (terras de monte entre o camiño de Campa- neiro e a segunda circunvalación) Campos da Fonte (inmediacións da fonte da Morena, no camiño do Xes- tal, no barrio da Gándara) Camiño da Fonte da Vila (nome con que se coñecía antigamente, segun- do algúns informantes, o camiño de Suafonte) Presa da fonte da Vila (presa en Babio, onda o camiño da Fonte da Vila) Suafonte e Camiño de Suafonte (terras e camiño no lugar dos Cruceiros, en Babio) Neste último o artigo feminino vai precedido da preposición so (< do latín SUB ), de xeito que Suafonte ou Soafonte significa ‘(por) debaixo da fonte’. Na placa do rótulo municipal consta erradamente como «Camiño da Súa Fonte». Forno da Cabra ▶ Cabra, Cabreiro Fanchonas, As; Franchonas Recibe o nome de As Fanchonas a primeira liña de campos de labra- dío que se estenden polo norte da rúa de Abalde, desde onde remata
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1