Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 8 as propiedades rústicas con indicación do nome do sitio en que se atopan. Utilizáronse tamén repertorios xeográficos e nomen- clátores oficiais dos séculos XIX e XX e nalgún caso documentación recente, como as listaxes municipais relativas á rotulación de vías públicas na parroquia e o equivalente rueiro elaborado pola aso- ciación de veciños de Beade. Cando se citan outras fontes, dáse a referencia en nota ou remítese á bibliografía que figura nas páxi- nas finais. O propósito principal deste achegamento á toponimia de Bea- de é o de chamar a atención sobre o valor patrimonial que te- ñen os nomes de lugar, que expresan a relación da poboación de Beade co seu medio xeográfico ao longo dos séculos. Dalgún xeito, os topónimos son a memoria que a paisaxe ten de si mes- ma. Encerran a dimensión histórica da paisaxe, pois a toponimia humaniza con memoria o medio físico. A parroquia de Beade, pola súa inmediatez ao conglomerado urbano de Vigo, está moi exposta a agresións contra o seu patrimonio toponímico, xa que unha urbanización insensata non só altera o medio senón que nalgunhas ocasións, sempre demasiadas, rebautiza os lugares e borra dunha sentada toda a memoria acumulada na toponimia. A escasa distancia de Beade temos un coñecido exemplo: unha actuación urbanística fixo que un lugar da veciña parroquia de Castrelos vise o nome herdado de xeracións en xeracións ao lon- go dos séculos (documentado como Pericoto na Idade Media; vivo como O Pericoto ou Piricoto na fala local na actualidade) su- plantado de golpe por un novo nome que constitúe propiamente unha marca comercial. Neotopónimos semellantes xurdiron nas últimas décadas como nomes de urbanizacións nas proximidades das cidades galegas e das vilas turísticas da costa, e talvez segui- rán xurdindo mentres non dispoñamos de leis ou de ordenanzas que protexan a toponimia como se protexen outros elementos do patrimonio cultural, ou mentres non se espalle entre a xente a conciencia do valor dos nomes de lugar, a conciencia de que

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1