Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 90 polas persoasmáis vellas. Osubstantivo mina aparece en topónimos como A Mina (A Pedra Branca), a Mina da Berrega (Rial), a Mina da Fonte da Cal (Rial), a Mina da Laxe (Casás), a Mina da Paraguda (A Fonte Santa), a Mina da Pedra Branca , a Mina da Pedreira , a Mina das Pereiras (da que as crianzas embotellaban auga que logo ían vender aos areais de Samil), a Mina do Barbas (particular, Rial), a Mina do Cagallón (Sanín), a Mina do Cancelo (Os Cocheiros) e a Mina do Sancholo (A Pedreira). A maioría dos seus nomes refírense ben ao lugar en que están escavadas, ben ao seu propietario ou propietaria. A Mina da Pedra Branca conta a lenda que foi feita polos romanos para ter auga onde vivían, por iso ía dende o barrio da Pedra Branca ata o pé do monte do Castro. Monte da Mina, O Tomadas existentes por debaixo do barrio da Pedra Branca que se perderon coa construción da autovía de circunvalación de Vigo. A palabra prodecente do latín montem ‘monte’ aplícase na parroquia ás ‘terras incultas cubertas de árbores, arbustos ou matas’ (Dicionario de dicionarios) . Moitas delas eran e son de explotación comunal, outras simplemente son terras gañadas noutro tempo ao monte que son hoxe tomadas de particulares cun uso forestal e sen cultivar. Un exemplo: en 1903 o enxeñeiro forestal inicia un expediente para multar os veciños e veciñas de Comesaña Juan Costas Fernández, Florentina Casal, Francisco Iglesias Alonso, Antonio Costas Fernández e José Ramón García Comesaña por acoutar terreos nos montes comunais da Pedra Branca, O Castro e Baños. Este monte tomou o seu nome pola proximidade dunha mina de auga seca que no século pasado os rapaces do lugar de Comesaña usaba para xogar ás guerras cos de Casás. Monte do Crego, O; Monte da Pachina, O A parte alta de O Monte do Crego foi arrasada coa construción do cinto da circunvalación, polo que só existe a parte baixa que vai
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==