Guía docente Primaria II
GUÍA DOCENTE PRIMARIA II Existen diferentes tipos de topónimos: Os que fan referencia ás características orográficas ou constitución do terreo, que denomina - mos orotopónimos , como Areal, Pedreira, Seixo, Laxe. Os lugares que fan referencia á flora, fototopónimos : Carballal, AToxeira, Sobreira. Os lugares que fan referencia á fauna, zootopónimos : O Pombal, A Raposeira, Grileira. Os lugares que fan referencia á auga, hidrónimos : As Lagoas, A Regueira, A Fontaíña. Os lugares que fan referencia a asentamentos e construcións humanas: Vigo, Castrelos, O Castro, Vilar. Os lugares que fan referencia aos nomes de santos, son haxiotopónimos : Sampaio, Saiáns, San Andrés. Os lugares que fan referencia á vías de comunicación : A Estrada, A Ponte, A Calzada. Os lugares que se crear a partir de nomes persoais, antropónimos : Beade, Samil. A continuación exponse unha infografía coa que se poderán explicar os diferentes tipos de topónimos. A infografía, a parte de estar reflexada aquí, podes atopala en versión PDF e PNG na carpeta principal.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==