Guía docente Primaria II

GUÍA DOCENTE PRIMARIA II ACTIVIDADE 13: PINTA O QUE IMAXINES T ipo de actividade D esenvolvemento E stratexia P intura e creatividade R ecursos necesarios F ollas L ugar A ula ou biblioteca Tempo estimado 10 Min para ler, 15 min para pintar CUESTIÓNS PREVIAS A EXPLICAR: Esta lenda está collida de GALICIA ENCANTADA https://galiciaencantada.com onde podedes atopar máis lendas galegas. En azul están aqueles topos dos que se deberá falar e dar un pequeno contexto. Mesmo ensinar fotografías. QUE SONOS MOUROS NAMITOLOXÍAGALEGA? Os mouros son seres mitolóxicos galegos. Segundo a lenda son os habitantes dos castros e das mámoas. Os mouros eran xigantes de pel escura que normalmente vivían no subsolo e dedicábanse á minería (sobre todo do ouro). En cambia as mouras eran fermosas feiticeiras de rubias e de pel branca. Á parte das lendas a palabramouro estámoi viva na toponimia de todo o territorio, normalmente indicando a presenza de castros, mámoa, petróglifos, covas romanas ou mesmo ruínas antigas. O obxectivo da actividade é que se dean de conta de como os topónimos, sen nos decatar, forman parte da nosa realidade cotiá e da historia do noso pobo ao estaren presentes na nas lendas que aínda lles podemos escoitar contar aos avós e avoas arredor da lareira. O obxectivo é que empreguen a súa creatividade e tamén o léxico aprendido.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==