Guía docente Primaria II
GUÍA DOCENTE PRIMARIA II (Preguntas opción 2) Contesta as seguintes preguntas: 1. Identifica cada unha das parte da noticia. Marcas na propia noticia 2. Sinala as palabras clave: Toponimia, microtoponimia, proxecto, Galicia Nomeada, colaboración, salvagardar, difundir. 3. Identifica as ideas principais da noticia Galiza Nomeada é unha plataforma de recollida de microtopónimos. Iniciativa para salvagardar e difundir a microtoponimia tradicional. Durante o confinamento dobrou a seu número de colaboracións. 4. Elabora un pequeno resumo do que liches Na noticia coñecemos a plataforma (ou proxecto) Galiza Nomeada na que recollen os topónimos e microtopónimos da nosa terra. Esta plataforma tivo unha gran acollida, sobre todo durante a pandemia. Por último, o seu coordinador fala da importancia deste estudo. 5. No texto dise que a toponimia ten moitas utilidades prácticas. Cales pensas que son? Conservación da riqueza léxica galega Coñecemento das características do territorio Aprendizaxe sobre os nosos antepasados e as súas construcións como castros Coñecementos da mitoloxía e lendas, detrás de moitos topónimos existen lendas e personaxes mitolóxicos Coñecemento do hábitat e do tipo de terreo Coñecemento da organización da poboación Coñecemento científico, sobre todo da fauna e flora A toponimia pode desvelar as actividade humanos do pasado Conservación ecolóxica da nosa flora e fauna, pois se coñecemos cal é a prototípica da zona poderemos protexela. 6. Sinala unha das oración ou parte que máis te gustaran da noticia e explica as razóns. Non existe unha única resposta 7. Identifica tres substantivos (di o xénero gramatical ao que pertencen) e tres adxectivos no texto. Substantivos: Toponimia (f sing), plataforma (f. sing), termos (m, pl) Adxectivo: rico, boa, aérea
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==