Guía docente Primaria II
GUÍA DOCENTE PRIMARIA II (Preguntas opción 1) Contesta as seguintes preguntas: 1. Identifica cada unha das parte da noticia. Marcas na propia noticia 2. Identifica o quen, que e onde da noticia: a. Quen: Real Academia Galega b. Que: Galiza Nomeada c. Onde: Galicia 3. Sinala as palabras clave Toponimia, microtoponimia, proxecto, Galicia Nomeada, colaboración, salvagardar, difundir . 4. Identifica as ideas principais da noticia Galiza Nomeada é unha plataforma de recollida de microtopónimos. Iniciativa para salvagardar e difundir a microtoponimia tradicional. Durante o confinamento dobrou a seu número de colaboracións. 5. Elabora un pequeno resumo do que liches Na noticia coñecemos a plataforma (ou proxecto) Galiza Nomeada na que recollen os topónimos e microtopónimos da nosa terra. Esta plataforma tivo unha gran acollida, sobre todo durante a pandemia. Por último, o seu coordinador fala da importancia deste estudo. 6. No texto dise que a toponimia ten moitas utilidades prácticas. Cales pensas que son? Conservación da riqueza léxica galega Coñecemento das características do territorio Aprendizaxe sobre os nosos antepasados e as súas construcións como castros Coñecementos da mitoloxía e lendas, detrás de moitos topónimos existen lendas e personaxes mitolóxicos Coñecemento do hábitat e do tipo de terreo Coñecemento da organización da poboación Coñecemento científico, sobre todo da fauna e flora A toponimia pode desvelar as actividade humanos do pasado Conservación ecolóxica da nosa flora e fauna, pois se coñecemos cal é a prototípica da zona poderemos protexela. 7. Sinala unha das oración ou parte que máis te gustaran da noticia e explica as razóns. Non existe unha única resposta 8. Identifica tres substantivos e tres adxectivos no texto. Substantivos: Toponimia, plataforma, termos Adxectivo: rico, boa, aérea
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==