Guía docente Primaria II

GUÍA DOCENTE PRIMARIA II ACTIVIDADE 10: QUE OBSERVAS? T ipo de actividade D esenvolvemento E stratexia D escrición R ecursos necesarios F otografías e follas L ugar A ula ou biblioteca Tempo estimado Dependendo da modalidade Para esta actividade desenvolvemos varias formas de facela: 1º. A descrición oral: Trátese de ensinar unha fotografía (atopadas na carpeta: Actividade 8) e que oralmente describan. Pódese facer individualmente ou en grupo. Poden facer primeiro unha planificación da súa intervención (como especifico o estándar). 2º. A descrición escrita: Entregaremos a cada alumno/a unha fotografía coa que deberán es - cribir unha carta describindo o que observan e entregala a un dos compañeiros/as para que a lea. É importante ensinar como se escribe unha carta. Tamén podemos empregar outras plataformas como escribir un correo. En niveis superiores poden escribir este texto propio seguindo un proceso de planificación, redacción, revisión e elaboración de borradores (como especifica o estándar de aprendi - zaxe) 3º. A descrición de a dous : Consiste en formar dúos para que conversen entre iguais sobre o que observan, comprendendo o que di o interlocutor/a e intervindo adecuadamente. O obxectivo é que empreguen as súas estratexias de descrición e o léxico aprendido.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==