Guía docente Primaria II

GUÍA DOCENTE PRIMARIA II ACTIVIDADE 4: TRABALLEMOS COS ANIMAIS GALEGOS T ipo de actividade D esenvolvemento E stratexia A prendizaxe visual R ecursos necesarios F ollas L ugar A ula ou biblioteca Tempo estimado 20 - 25 Min A continuación expoñeranse diferentes topónimos relacionados con animais para traballar o léxico galego. O noso obxectivo é que aprendan e se relacionen co léxico galego a través dos topónimos. Logo de telo aprendido, pódese organizar un xogo didáctico, no que separados por equipos ou individualmente, traten de adiviñar cal é o léxico que corresponde coa imaxe. Para iso preparamos un Power Point no que primeiro aparece a imaxe e, despois de darlle a ENTER, aparece o nome. Estas imaxes están dispoñibles nun PDF ou en formato ZIG na carpeta onde se atopa este do - cumento. Pódense proxectar ou dar unha copia a cada alumno/a. Diapositiva 1

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==