Guía docente Primaria I
GUÍA DOCENTE PRIMARIA I ACTIVIDADE 10: PINTA O QUE IMAXINES T ipo de actividade D esenvolvemento E stratexia P intura e creatividade R ecursos necesarios F ollas L ugar A ula ou biblioteca T empo estimado 10 M in para ler , 15 min para pintar CUESTIÓNS PREVIAS A EXPLICAR: Esta lenda está collida de GALICIA ENCANTADA https://galiciaencantada.com onde pode- des atopar máis lendas galegas. En azul están aqueles topos dos que se deberá falar e dar un pequeno contexto. Mesmo ensi - nar fotografías. QUE SON OS MOUROS NA MITOLOXÍA GALEGA? Os mouros son seres mitolóxicos gale - gos. Segundo a lenda son os habitantes dos castros e das mámoas. Os mouros eran xigantes de pel escura que normalmente vivían no subsolo e dedicábanse á minería (sobre todo do ouro). En cambia as mouras eran fermosas feiticeiras de rubias e de pel branca. Á parte das lendas a palabra mouro está moi viva na toponimia de todo o territorio, normal - mente indicando a presenza de castros, mámoa, petróglifos, covas romanas ou mesmo ruínas antigas. O obxectivo da actividade é que se dean de conta de como os topónimos, sen nos decatar, forman parte da nosa realidade cotiá e da historia do noso pobo ao estaren presentes na nas lendas que aínda lles podemos escoitar contar aos avós e avoas arredor da lareira
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==