Guía docente Primaria I

GUÍA DOCENTE PRIMARIA I ACTIVIDADE 8: PINTA UN TOPÓNIMO T ipo de actividade D esenvolvemento E stratexia P intar e crear R ecursos necesarios F ollas L ugar A ula ou biblioteca T empo estimado 20 M in para pintar e o restante para falar Agora que saben o que son e como se crean, é hora de que saquen o seu lado máis creativo con esta actividade. Pódese facer de dúas maneiras: A primeira é creando grupos de entre tres ou cinco persoas. A cada grupo entregaráselle o nome dun topónimo (por exemplo: O Calvario) e temos que pedirlles que pinten o que se imaxinan cando pensan nese topónimo. Despois de acabar é importante que comparen o que pintaron cada un dos seus compañeiros/as. A segunda variante é entregar a cada un deles un topónimo. Sería moi interesante que foran nomes de lugares da súa contorna, máis aquí expoñeremos unha listaxe con algún topos da cidade. A actividade segue cando se lle pide a cada un que faga unha pequena explicación sobre o que debuxaron. Ponte Castiñeiro O Castro A Casa do Conde O Pombal O Lavadouro A Capela O Calvario A Casa do liño A Lagoa A Moura O Lombo A Leira O Cancelo Outeiro O Carreiro A Bouza Piñeiro Casas Vellas A Cova O Torreiro Nestas páxinas atoparás moito máis topónimos: https://toponimia.xunta.gal/es/toponimia/ publicacions-de-interese?field_tipo_publicacion_target_id=25

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==