Guía docente ESO 3.º-4.º

GUÍA DOCENTE ESO DE 3.º - 4.º ACTIVIDADE 15: VARIACIÓN LINGÜÍSTICA DO GALEGO tipo de actividade desenvolvemento recursos necesarios follas lugar sala de ordenadores tempo estimado unha sesión obxectivo repasar o seu coñecemento sobre a variación lin - güística do galego partindo dos topónimos Escriba no encerado estes topónimos: Freás (Ourense), Freáns (A Coruña); Goiáns (sur de Pon - tevedra) e Goiás (norte de Pontevedra): San Cibrán-San Cibrao; Casás e Casais; Pregunte que se notan diferencias nestes topónimos e a que se debe esa diferencia. Estes topos servirán para iniciar a explicación sobre as distintas variantes dialectais da nosa lingua. Ao terminarmos coa explicación, comente este caso para que reflexionen: Na comarca do Morrazo existe un monte coñecido polos veciños/as como Jaján. Pensando que era unha castelanización, agora o nome oficial do monte é Xaxán. Por que este nome está é incorrecto? Deberán pensar no fenómeno da gheada. Nesta comarca a gheada é habitual polo que Jaján era como o pronunciaban os seus habitantes máis en realidade o topónimo sen gheada é Ga - gán. Xaxán nunca daría unha pronuncia como Jaján. Gagán é un topónimo de orixe céltico: gán significa pedra polo que Gagán é pedra-pedra, é dicir, pedra grande. A continuación explique a actividade, pode ser grupal ou individual, deberán encontrar en google maps exemplos de topónimos para os distintos bloques.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==