Guía docente ESO 3.º-4.º

GUÍA DOCENTE ESO DE 3.º - 4.º CONSIDERACIÓNS PREVIAS Estas actividades estarán suxeitas sempre a modificacións por parte do persoal docente aten - dendo ás necesidades do seu alumnado e do nivel de cada aula. Mesmo non é preciso que se fagan as actividades na orde en que se indica. En verde, sinalaremos consideracións para ter en conta polo/a docente como: axustes de ni - veis, tipo de estratexia metodolóxica que se pode empregar, alternativas a esta, tipo de agru - pación necesaria, resolución dos exercicios, adaptacións... Amais en cada unha haberá un cadro de especificación sobre o tipo de actividade [inicial, de desenvolvemento ou de avaliación (as actividades de avaliación tamén serán de desenvolve - mento polo que é posible non avalialas dependendo do criterio docente)]; estratexia metodo - lóxica empregada, recursos necesarios, tempo estimado para cada unha e o lugar no que se pode realizar. Por último, todas as actividades que se deberán entregar ao alumnado estarán dispoñibles na carpeta principal do curso en distintas versións.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==