Guía docente ESO 3.º-4.º
GUÍA DOCENTE ESO DE 3.º - 4.º ACTIVIDADE 4: FORMACIÓN DE TOPÓNIMOS T ipo de actividade D esenvolvemento R ecursos necesarios C adernos ou follas L ugar A ula ou biblioteca T empo estimado 15-20 M in Obxectivo C oñecer a formación da topónimos xunto coas formación de palabras Existen dous procesos de formación de palabras: derivación e composición. A derivación consiste na creación de novas palabras a través da colocación de afixos nunha base (palabra simple). A derivación pode ser por prefixación (cando o afixo se coloca antes da raíz) ou por sufixación (cando o afixo se coloca detrás da raíz). Estes afixos denomí - nanse, respectivamente, prefixo e sufixo. As palabras formadas por composición teñen máis dun radical ou palabra como base, que poden ser de distintas clases gramaticais (substantivos, verbos, adxectivos etc.). Agora reparta esta actividade: Sinala se estas palabras están formadas por sufixación ou son palabras compostas: A Cañoteira: -eira, sufixo derivativo CAÑO + EIRA A Castiñeira: --eira, sufixo derivativo CASTAÑO + EIRA A Devesiña: -iña, sufixo diminutivo DEVESA +IÑA As Ferreiras: -eira, sufixo derivativo FERRO + EIRO Augafría: palabra composta polo substantivo AUGA e o adxectivo FRÍA Barxiña: -iña, sufixo diminutivo BARXA+ IÑA Cabaleira: eira, sufixo derivativo CABELO + EIRA Lavadoura: -doura, sufixo (axente) LAVA + DOURA Miraflores: palabra composta, de MIRAR máis FLORES O Camiño: é unha palabra simple O Campiño: -iño, sufixo diminutivo CAMPO+IÑO O Castañal: -al sufixo desubstantival CASTAÑA + AL
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==