Guía docente ESO 1.º - 2.º
GUÍA DOCENTE ESO DE 1º - 2º os topónimos se traduciron fielmente ao castelán, senón que o que se facía era unha mera adaptación fonética) porque “sempre” foron así: non sempre foron así, é máis, algúns “foron así” dende hai menos de douscentos anos. 5. Cando un investigador/a encontra un topos chamado O Carballal, que cres que pode saber del só polo nome? —— Sabe que Carballal é un derivado de carballo. Sabe tamén que se trata dun lugar poboado de carballos ou, polo menos, na súa orixe si que o era. —— Que o carballo é a árbore autóctona dese lugar —— Pode saber que esas árbores levan ou levaban milleiros de séculos alí pois o carballo pode vivir varios séculos e acadar uns 40 metros de altura. O carballo ( Quercus robur ou quercus pedunculata ), é unha árbore anxiospema da familia das fagáceas, caducifolia. É a especie máis abundante da Europa atlántica e do clima atlántico. É, como sabemos, a árbore máis emblemática de Galicia. —— A súa orixe semella prerromana, probablemente celta, que sobreviviu a voz latina RO - BUR, que deu noutras linguas como o castelán roble . O froito desta árbore é a landra ou belota, apreciada polos porcos e a súa madeira dura e fibrosa empregábase para fabricar apeiros de labranza. Os topónimos non son exclusivos dunha lingua, pois tal como as linguas non teñen fronteiras os topónimos tampouco. Así, fóra de Galicia e mesmo de España topamos constante - mente cos mesmos topónimos, coas variantes propias de cada lingua, mais coa mesma orixe e o mesmo significado. Un exemplo: Vigo; o nome da nosa cidade, procedente do VICUS latino (‘aldea, barrio’) repítese moito no medio rural galego. En Zamora existe Vigo de Sanabria, en Asturias existe un pequeno río chamado Vigo e en Cataluña Vic é o nome dunha coñecida localidade da provincia de Barcelona. Fóra da península ibérica, probablemente relacionado co noso topónimo, hai un Vigo di Fassa, nome dunha loca - lidade italiana situada no val di Fassa, na rexión de Trentino, que tamén é designada co nome Vich, en ladino, lingua falada nesa zona de Italia. Ademais, Vich tamén é o nome dunha pequena localidade de Suíza (de fala francesa), preto de Lausanne.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==