Guía docente ESO 1.º - 2.º

GUÍA DOCENTE ESO DE 1º - 2º Laxón, río da Laxe (nome que recibe o río Lagares ao seu paso pola zona con este nome). Coa raíz lam-, temos hidrónimos como O Lameiro (en Coia e tamén en Beade) ou Lamela (en Navia), que fan referencia a sitios cheos de lama, aínda que tamén puideron aludir a un prado de regadío. O antiquísimo, a xulgar polo sufixo, Lamelas, diminutivo de lama, que posúe o significado de pequeno prado de regadío ou lugar onde hai lama tamén temos que llo atribuír a este substrato. Co sufixo celta -bre temos Alcabre (que pese á súa aparencia, non é de procedencia árabe; topónimos árabes en Galicia temos apenas media ducia entre varios millóns). Tamén de orixe céltica son o hidrónimo Sárdoma (‘río grande’) e a palabra bugallo, da que proceden topónimos como o muíño da Buga - lleira (Cabral), voz de orixe celta pero co sufixo -eira, xa latino. Da raíz céltica camb-,‘cur - va, cousa curva’ (reparemos en que o topónimo Cambados alude á enseada ou curva mariña sobre a que se alzaba a vila orixinariamente, antes dos recheos que modificaron a forma natural da costa), provén o noso Cambeses (en Cabral), aínda que neste caso o topónimo non fai referencia á forma curva do lugar, senón á procedencia das xentes que o repoboaron: o val de Camba. Tras a romanización, a comezos do século V chegan a Galicia os suevos, que fundaron o reino suevo de Galicia, primeiro reino europeo xurdido despois da caída do imperio romano e que comeza no ano 411 e desaparece no 585, cando é absorbido polo reino visigodo de Toledo, que dura ata o ano 711, cando chegaron os árabes á península. Pa - labras da lingua sueva, ou das linguas xermánicas no seu conxunto, xunto con outras de procedencia árabe, constitúen os superestratos do galego. A influencia dos idiomas xermánicos no galego foi superficial, aínda que si quedaron numerosos restos na toponi - mia e na antroponimia. Así, de orixe xermánica conservamos moitísimos nomes de lugar, rematados en -mir ou -mil, normalmente baseados en antropónimos de propietarios e fundadores de núcleos de poboación: a praia de Samil, procedente de Salamirus ou Salamiro; Fondomil ou o camiño de Fondomil (Cabral), O Saramil (Valadares); as pozas do Remesil (Cabral) En canto aos árabes, a achega lingüística foi pouca e quedáronnos escasos restos na toponimia posto que apenas estiveron en Galicia, xa que cincuenta anos despois de chegaren á península a fronteira do reino de Galicia xa estaba no río Miño. Con xentes do norte e centro de Galicia fixéronse repoboacións no sur e resultado delas temos en Vigo dous topónimos de repoboación: Esturáns (en Coia), repoboación con asturianos ou leoneses; e Cambeses (en Cabral) con xentes do val de Camba (Rodeiro, Agolada etc.) Cando latín e galego xa eran linguas diferentes, e o castelán nacía tamén en Castela, case a totalidade da toponimia galega xa estaba formada. É unha aberración, por tanto, pensar que topónimos como Valadares, deban ser “en castelán” (entre comiñas porque case nunca

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==