Guía docente ESO 1.º - 2.º
GUÍA DOCENTE ESO DE 1º - 2º Explicación sobre a formación do galego a partir de topónimos. O preindoeuropeo: constitúeno as linguas dunha serie de pobos que na Idade de Pedra ocuparon o noso territorio, provenientes de Europa. Eles deixáronnos terminoloxía rela - cionada coa vida do campo, que pola súa propia natureza é autóctona, antiquísima e está estreitamente ligada ao terreo. Topónimos coa raíz carb-, bar- ou ber-, como Carballal, Os Carballos, Barreiro, Berbés proveñen deste substrato. O topónimo Barxa, por exemplo, co significado de terra moi mollada, que non produce cultivo, é unha forma hidronímica precéltica derivada da forma esdrúxula, WARGINA ou WARGENA; coa mesma raíz temos as Barxiñas, as Barxas de Abaixo, o regato da Barxa etc. De orixe preindoeuropea é tamén a base cott-,‘prominencia, altura, altura rochosa’, que deu lugar a numero - sísimos topónimos por toda Galicia. En Vigo temos, por exemplo, O Coto (en Cabral e en Beade), Cotogrande etc. Igualmente preindoeuropeos se pensa que son os topónimos derivados da palabra carrasco, coa raíz car- ‘pedra, rocha’: A Chan da Carrasca (en Saiáns), A Chan do Carrasco Negro (en Oia), A Carrasqueira etc. Ao substrato indoeuropeo pertencerían os restos das linguas faladas polos pobos celtas que chegaron ao noroeste da Península Ibérica polo 800 a. C. e posteriormente, nunha segunda vaga, polo 600 a. C. A eles debémoslles topónimos como A Seara (= terreo sementado de trigo, centeo ou outros cereais), palabra prerromana derivada da forma céltica SENARA, que pasou a seara pola caída do -N- intervocálico; numerosos topóni - mos provenientes da voz céltica LÁGENA, que significa ‘pedra lisa e longa’: A Laxe, O
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==