Guía docente ESO 1.º - 2.º
GUÍA DOCENTE ESO DE 1º - 2º ACTIVIDADE 16: VARIACIÓN LINGÜÍSTICA DO GALEGO tipo de actividade desenvolvemento recursos necesarios follas lugar sala de ordenadores tempo estimado unha sesión obxectivo repasar o seu coñecemento sobre a variación lin - güística do galego partindo dos topónimos Escriba no encerado estes topónimos: Freás (Ourense), Freáns (A Coruña); Goiáns (sur de Pon - tevedra) e Goiás (norte de Pontevedra): San Cibrán-San Cibrao; Casás e Casais; Pregunte que se notan diferencias nestes topónimos e a que se debe esa diferencia. Estes topos servirán para iniciar a explicación sobre as distintas variante dialectais da nosa lingua. A continuación explique a actividade, pode ser grupal ou individual, deberán encontrar en google maps exemplos de topónimos para os distintos bloques. Logo comenten o resultado na aula.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==