Guía docente ESO 1.º - 2.º
GUÍA DOCENTE ESO DE 1º - 2º ACTIVIDADE 15: FRASEOLOXÍA CON TOPÓNIMOS T ipo de actividade D esenvolvemento R ecursos necesarios E ncerado L ugar A ula ou biblioteca T empo estimado 25 M in O bxectivo C oñecer sobre a diversa fraseoloxía galega rela - cionada cos topónimos Explique que a fraseoloxía é o estudo do conxunto de expresión e construcións lingüísticas propias dunha lingua? Por exemplo, mentres auga teña o río Miño, no Ribeiro non faltará viño. Existen moitos refráns e expresións lingüísticas que fan referencia á toponimia. Pregunte se coñecen algunha? Escriba no encerado estes refráns para que intenten adiviñar cal é o significado: En Baiona din “Encargos sen diñeiro non pasan do Cabo Silleiro” Emprégase para cando alguén só ten interese económico ou cando se pide algo sen dar unha recompensa a cambio. “O Miño leva a fama e o Sil dálle a auga” Emprégase cando nun traballo colectivo a repartición non é equitativa co esforzo ou co mérito realizados. O Sil é, pois, un río fértil cun caudal case tan grande como amplo é o número de teorías que se defenderon para explicar a orixe do seu nome. Pode visionar na aula este vídeo sobre o Sil: https://www.youtube.com/watch?v=El7p5uY - jKlk&feature=emb_logo&ab_channel=ToponimiadeGalicia “Entre marzo e abril sempre baixan todas as augas do río Sil” Nesta temporada é cando máis caudaloso está o río. “Cando chove e vai sol, anda o demo por Ferrol” Emprégase para suxerir desconfianza.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==