Guía docente ESO 1.º - 2.º
GUÍA DOCENTE ESO DE 1º - 2º ACTIVIDADE 14: CARTEIS EN DEFENSA DA CONSERVACIÓN TOPONÍMICA T ipo de actividade D esenvolvemento R ecursos necesarios F ollas L ugar A ula ou biblioteca T empo estimado 30 M in O bxectivo P otenciar a súa creatividade Na nosa vida estamos rodeamos de lemas en defensa da lingua galega como “Quero un aman- te galego falante” ou contra a violencia de xénero como “Nin unha menos” . Escriba estes le - mas no encerado e pídalle ao alumnado que invente lemas en defensa da toponimia e da súa conservación. É importante que antes reflexionen sobre a importancia da toponimia xa sexa nas actividades anteriores ou para esta. Esta actividade é grupal. O primeiro paso neses grupos é unha chuvia de ideas entre eles para pasar logo a redacción deses lemas (como mínimo tres). O obxectivo desta actividade segue sendo a reflexión sobre a toponimia (a súa importancia) e desenvolver a súa capacidade de síntese.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==