Guía docente ESO 1.º - 2.º
GUÍA DOCENTE ESO DE 1º - 2º ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS ETIMOLOXÍAS POPULARES: ORIXE DOS NOMES INVENTADOS, CREADOS POLO POBO SEN BASE NA LINGUA OU NA HISTORIA. Segundo a crenza popular Castro Caldelas ten este nome por un nobre da zona tiña dúas fillas e un mozo nobre, chamado Castro, quería casar ... o pai delas mozas díxolle: Castro...........cal......delas? Coñeces algunha historia parecida? Investiga preguntando aos teus maiores. Sabes que Pontevedra procede de Ponte+vella? E Ponteareas provén de Ponte + areas. E Canido vén de Can+ido Coñeces algún topónimo que se forme con dous palabras? O coñecido como monte da Guía na parroquia de Teis, non sempre se chamou así. Era coñecido nun primeiro momento como monte da Aguia o que leva a pensar en niños de aguia pola zona. Entón, que cres pasou? A que se debe este cambio? Antigamente os nomes dos lugares eran só coñecidos polos veciños. Cando se fixo un rexistro das propiedades para comezar a poñer os carteis aos sitios, debido a pouco investigación e mesmo a impericia dos encargados desta tarefa, efectuaron un cambio acentual de Aguia a Aguía. Así, quedou como nome oficial A guía deturpando por com - pleto o seu significado real. Aínda que os veciños seguiron pronunciando correctamente Aguia como ate o mo - mento, pouco a pouco, foron convencéndose de que o correcto era dicir A guía como poñía nos carteis e nos documentos oficiais. Posteriormente cando, por desgraza, se castelanizou aínda máis o nome a La Guía non repararon neste colosal erro, pois non investigaron a súa orixe dando por sentado que este nome se debía a ermida construída no seu cumio que servía como “guía”. Pero a pouco que investigamos vemos que esta teoría non se sostén pois a ermida é de construción recente, a redor dun antigo castro. Así, é practicamente inviable que dese nome a un monte que leva milleiros e milleiros de anos habitado. Un topónimo que nun momento servía de coñecemento sobre o animal que o habitada quedou sepultado por unha historia non real que aínda perdura ata hoxe.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==