Guía docente ESO 1.º - 2.º

GUÍA DOCENTE ESO DE 1º - 2º En Galicia, moitos foron os concellos, entre eles o de Vigo, que aprobaron textos legais para salvagardar a toponimia tradicional, e mesmo para fomentar a súa recuperación en nomes de rúas, camiños, edificios públicos... Tal é o caso de Navia. Rúas como DAS UFAS, DAS TEIXUGUEIRAS, DA PEDRA SEIXA, DO XUNCAL... recuperaron os nomes de lugar tradicionais desa zona. Contesta: d. Como fomentarías a recuperación da toponimia? No ano 2016, o Parlamento Galego aproba a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultu - ral de Galicia. Entre os seus obxectivos están a “protección” e a “conservación” do patrimonio cultural galego. Este patrimonio cultural inclúe, entre outros, os bens mobles e inmobles, as manifestacións inmateriais. E dentro destas manifestacións inmateriais está A TOPONIMIA. Establece tamén que os poderes públicos han de protexela na ordenación do territorio, no ur - banismo, na paisaxe... E han de garantir a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial, xa que logo da toponimia, e preservar a TOPONIMIA TRADICIONAL por se considerar valor identi - tario e instrumento para a concreción da denominación xeográfica dos pobos e dos seus bens. Compromisos e recomendacións internacionais — — Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO, de 2003, ratificada polo goberno do estado no ano 2006. — — Resolución IX/4, da Novena Conferencia da ONU, sobre Normalización dos Nomes Xeo - gráficos, Nova York, 2007. Nesta resolución indícase que toda vez que os topónimos for - man parte do patrimonio cultural inmaterial cumpriría establecer programas de salvagarda e promoción da toponimia. PARA SABER MÁIS SOBRE TOPONIMIA —— Podes ler o artigo de La voz de Galicia Paseo por la toponimia más excéntrica: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2019/04/20/paseo-toponimia-excentri ca/00031555764421659986357.htm —— Podes ver os vídeos de toponimia.xunta.gal

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==