Guia Docente Bachillerato
GUÍA DOCENTE BACHILLERATO O preindoeuropeo: constitúeno as linguas dunha serie de pobos que na Idade de Pedra ocuparon o noso territorio, provenientes de Europa. Eles deixáronnos terminoloxía rela - cionada coa vida do campo, que pola súa propia natureza é autóctona, antiquísima e está estreitamente ligada ao terreo. Topónimos coa raíz carb-, bar- ou ber-, como Carballal, Os Carballos, Barreiro, Berbés proveñen deste substrato. O topónimo Barxa, por exemplo, co significado de terra moi mollada, que non produce cultivo, é unha forma hidronímica precéltica derivada da forma esdrúxula, WARGINA ou WARGENA; coa mesma raíz temos as Barxiñas, as Barxas de Abaixo, o regato da Barxa etc. De orixe preindoeuropea é tamén a base cott-,‘prominencia, altura, altura rochosa’, que deu lugar a numero - sísimos topónimos por toda Galicia. En Vigo temos, por exemplo, O Coto (en Cabral e en Beade), Cotogrande etc. Igualmente preindoeuropeos se pensa que son os topónimos derivados da palabra carrasco, coa raíz car- ‘pedra, rocha’: A Chan da Carrasca (en Saiáns), A Chan do Carrasco Negro (en Oia), A Carrasqueira etc. Ao substrato indoeuropeo pertencerían os restos das linguas faladas polos pobos celtas que chegaron ao noroeste da Península Ibérica polo 800 a. C. e posteriormente, nunha segunda vaga, polo 600 a. C. A eles debémoslles topónimos como A Seara (= terreo sementado de trigo, centeo ou outros cereais), palabra prerromana derivada da forma céltica SENARA, que pasou a seara pola caída do -N- intervocálico; numerosos topóni - mos provenientes da voz céltica LÁGENA, que significa ‘pedra lisa e longa’: A Laxe, O Laxón, río da Laxe (nome que recibe o río Lagares ao seu paso pola zona con este nome). Coa raíz lam-, temos hidrónimos como O Lameiro (en Coia e tamén en Beade) ou Lamela (en Navia), que fan referencia a sitios cheos de lama, aínda que tamén puideron aludir a un prado de regadío. O antiquísimo, a xulgar polo sufixo, Lamelas, diminutivo de lama, que posúe o significado de pequeno prado de regadío ou lugar onde hai lama tamén temos que llo atribuír a este substrato. Co sufixo celta -bre temos Alcabre (que pese á súa aparencia, non é de procedencia árabe; topónimos árabes en Galicia temos apenas media ducia entre varios millóns). Tamén de orixe céltica son o hidrónimo Sárdoma (‘río grande’) e a palabra bugallo, da que proceden topónimos como o muíño da Buga - lleira (Cabral), voz de orixe celta pero co sufixo -eira, xa latino. Da raíz céltica camb-,‘cur - va, cousa curva’ (reparemos en que o topónimo Cambados alude á enseada ou curva mariña sobre a que se alzaba a vila orixinariamente, antes dos recheos que modificaron a forma natural da costa), provén o noso Cambeses (en Cabral), aínda que neste caso o topónimo non fai referencia á forma curva do lugar, senón á procedencia das xentes que o repoboaron: o val de Camba. Tras a romanización, a comezos do século V chegan a Galicia os suevos, que fundaron o reino suevo de Galicia, primeiro reino europeo xurdido despois da caída do imperio
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==