Guia Docente Bachillerato

GUÍA DOCENTE BACHILLERATO ACTIVIDADE 2: CLASIFICACIÓN DE TOPÓNIMOS T ipo de actividade D esenvolvemento R ecursos necesarios C adernos ou follas L ugar A ula ou biblioteca T empo estimado 15-20 M in Obxectivo R epasar e traballar cos criterios de clasificación dos topónimos Clasifica os seguintes topónimos segundo os criterios vistos con anterioridade e argumenta o porqué. Neste exercicio poñeremos algúns exemplos de topónimos galegos, porén poderanse cambiar segundo o contexto de cada centro se o/a docente o considera preciso. Pode facerse de xeito individual ou por parellas. • O Rosal (fitónimo, clara referencia a un sitio con unha gran poboación desta flor) • Vigo (asentamento urbano; do latín VICUS) • Figueiriña (fitónimo, lugar poboado por figueiras) • Arousa (orónimo, lugar onde hai area) • A Lagoa (hidrónimo, do latín LACUNA, terreo onde a auga é abundante) • A Torre (ecónimo: do latín TURRE) • O Pombal (zoónimo, de pomba do latín PALUMBA) • Vilapedre (antropónimo, Vila de pedro) • Souto (orónimo, terreo poboado por castiñeiros; do latín SALTU. Tamén é un apelido moi frecuente en Galicia, ás veces castelanizado en Soto) • Donas (haxiónimos, do latín DOMINAS ‘monxas’) • A Calzada (odónimo, de calzada do latín CALCIATA) • Caldelas (hidrónimo, do latín AQUAS CALIDAS) • A Lagoa (hidrónimo, do latín LACUNA) • A Punta (orónimo, do latín PUNCTA)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==