Guia Docente Bachillerato
GUÍA DOCENTE BACHILLERATO —— Pode saber que esas árbores levan ou levaban milleiros de séculos alí pois o carballo pode vivir varios séculos e acadar uns 40 metros de altura. O carballo ( Quercus robur ou quercus pedunculata ). É unha árbore anxiospema da familia das fagáceas, caducifolia. É a especie máis abundante da Europa atlántica e do clima atlántico. É, como sabemos, a árbore máis emblemática de Galicia. —— A súa orixe semella prerromana, probablemente celta, que sobreviviu a voz latina RO - BUR, que deu noutras linguas como o castelán roble . O froito desta árbore é a landra ou belota, apreciada polos porcos e a súa madeira dura e fibrosa empregábase para fabricar apeiros de labranza. Os topónimos non son exclusivos dunha lingua, pois tal como as linguas non teñen fronteiras os topónimos tampouco. Así, fóra de Galicia e mesmo de España topamos constante - mente cos mesmos topónimos, coas variantes propias de cada lingua, mais coa mesma orixe e o mesmo significado. Un exemplo: Vigo; o nome da nosa cidade, procedente do VICUS latino (‘aldea, barrio’) repítese moito no medio rural galego; en Zamora existe Vigo de Sanabria, en Asturias existe un pequeno río chamado Vigo e en Cataluña Vic é o nome dunha coñecida localidade da provincia de Barcelona. Fóra da península ibérica, probablemente relacionado co noso topónimo, hai un Vigo di Fassa, nome dunha loca - lidade italiana situada no val di Fassa, na rexión de Trentino, que tamén é designada co nome Vich, en ladino, lingua falada nesa zona de Italia. Ademais, Vich tamén é o nome dunha pequena localidade de Suíza (de fala francesa), preto de Lausanne.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==