Guia Docente Bachillerato

GUÍA DOCENTE BACHILLERATO Tamén temos os que se crean sobre a relixión ou os santos, haxiónimos, como Santo André ou San Tegra. Logo, existen outros, chamados ecónimos , que se forman debido ás edificacións ou industrias sobre o terreo como Muros ou Vilar. Por último, temos os odónimo , formados co nome das vías de comunicación creadas polo ser humano como A Estrada, A Ponte, A Calzada. Se esta pregunta é moi complexa e non saben que responder, estaría ben poñer un exemplo de cada para que o relacionaran. Así: • A Lama ou Pedra do Mouro: orografía (coñecidos como orónimos) • Regueiro ou A Ribeira: Hidrografía (coñecidos como hidrónimos) • A carballeira ou Loureiro: Flora (como fitónimos) • Cabral ou Canido: Fauna (zoónimos) • Portomarín (<PORTU MARINU>porto de Mariño): nomes de persoas (antropónimos) • San Andrés ou Santa Tegra: relixión ou nomes de santos (haxiónimos) • Muros ou Vilar: ecónimos • A Estrada, a Ponte, A Calzada: odónimos Os topónimos manteñen as diversas orixes dos pobos que habitaron eses lugares. A toponimia dunha zona é o conxunto de estratos lingüísticos, que reflicten á historia da propia lingua. Se temos en conta a súa orixe ou estrato lingüístico das palabras que forman os topónimos ato - pamos basicamente tres grupos: —— Topónimos prerromanos ou prelatinos (ata o século I): como Carballal, Sárdoma, As Barxas —— Topónimos latino-romances (séculos II-IV) como Vigo, O Adro, A Candeira —— Topónimo xermánicos (séculos IV-V) Samil, Recaré, A Bagunda Dentro dos restos de linguas prerrománicas debemos diferenciar dous tipos de substrato: o preindoeuropeo e o indoeuropeo. 5. Cando un investigador/a encontra un topos chamado O Carballal, que cres que pode saber del só polo nome?. —— Sabe que Carballal é un derivado de carballo. Sabe tamén que se trata dun lugar poboado de Carballos ou, polo menos, na súa orixe si que o era. —— Que o carballo é a árbore autóctona dese lugar

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==