Guia Docente Bachillerato

GUÍA DOCENTE BACHILLERATO ACTIVIDADE 1: QUE É A TOPONIMIA? T ipo de actividade I nicial R ecursos necesarios E ncerado L ugar A ula ou biblioteca T empo estimado 25 M in Obxectivo C oñecer os seus coñecementos previos e iniciar a explicación sobre os topónimos O obxectivo deste exercicio inicial é pescudar nos seus coñecementos previos sobre a topo - nimia. O ideal é que o resolvan entre todos/as, por exemplo cunha chuvia de ideas. A conti - nuación presentamos algunhas cuestións que deberá expor na aula xunto cunha pequena re - solución. Deixe que respondan primeiro eles/as e entre todos consigan armar unha definición. Axúdeos se é preciso. Poderá entregarlle unhas follas coas preguntas para que poidan completalo despois de respon - der en voz alta ou como elixa. 1. Que é a toponimia? É a disciplina lingüística que estuda os nomes de lugar. Xunto coa antroponimia, constitúe a onomástica. Parte da onomástica que estuda a orixe, historia e significación dos nomes de lugar ou conxunto dos nomes de lugar dun país, rexión etc (definición da RAG) 2. Que é un topónimo? Poñede exemplos: Nome propio dun lugar (RAG) Ex: Vigo, Carballeda, Pedreira... 3. Que é un microtopónimo? Estes corresponden aos topónimos que se atopan subordinados a un topónimo maior. Por exemplo: dentro do topónimo Os canos en Teis existen outros moi específicos para sinalar cada lugar como O Toural, A Cachada ou A Ferreiria, etc. 4. Como credes que se crean os topónimos? Cal cres que é a razón de topónimos como Carballeda, A Ponte ou A Estrada. Actividade importante para a actividade 2 Os topónimos créanse de diferentes xeitos, mais todos teñen en común que designan unha realidade. Así, existen topónimos que se forman debido ás características do terreos, coñeci - dos como orónimos como A Lama ou Pedra do Mouro. Outros fórmanse debido as caracterís - tica hídricas como pode ser A Ribeira ou Regueiro, coñecidos como hidrónimos . Outros compóñense debido a flora das zonas ( fitónimo ) como A Carballeira ou Loureiro. Outros debido a súa fauna ( zoonimos ) como Cabral ou Canido.Outros son os nomes dos posuidores da terra, antropónimo , como Portomarín (<PORTU MARINU>porto de Mariño).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==