Guia Docente Bachillerato

GUÍA DOCENTE BACHILLERATO ACTIVIDADE 11: ARTIGO DE OPINIÓN T ipo de actividade D esenvolvemento e avaliación R ecursos necesarios F ollas L ugar A ula ou biblioteca T empo estimado U nha sesión O bxectivo E spertar a conciencia sobre a conservación dos topónimos Despois de realizar a actividade 8 é hora de crear un artigo de opinión. Deberemos pedirlles que se transformen en xornalistas. Trátase de crear un artigo de opinión sobre a recuperación de topónimos e a súa conservación tanto física como da recollida dos nomes. O primeiro será explicar como é un artigo de opinión, que partes debe ter. Deixamos un cadro sobre a expresión da subxectividade e os marcadores discursivos para unha boa redacción, máis unha infografía de como escribir un texto. Os requisitos para realizar este artigo son: • Falar da importancia da toponimia • Introducir opinións alleas, xa sexa de profesionais, familiares, amigos... • Falar da leis de normalización da toponimia • Describir o topónimo O obxectivo da actividade é que reflexionen individualmente sobre a conservación e protec - ción toponímica e medioambiental.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==