Guia Docente Bachillerato

GUÍA DOCENTE BACHILLERATO ACTIVIDADE 9: ESTUDO TOPONÍMICO T ipo de actividade D esenvolvemento e avaliación R ecursos necesarios M apa da zona ( pódese obter directamente de google maps ) L ugar A ula ou biblioteca T empo estimado V arias sesións O bxectivo P rofundizar sobre o estudo toponímico e sobre o coñe - cemento do método de investigación Será unha actividade grupal, o ideal serían grupos de 3 ou 4 persoas. Este estudo toponímico, dependendo da súa extensión, pode ser exposto nos taboleiros do centro para que o demais alumnado poida velo co fin de poñer en valor os seus traballos. Esta actividade pode ser avaliada e mesmo poden presentala diante de toda a clase. Fases da investigación: 1. Delimitar a zona na que van traballar. 2. Explique que non se trata de recoller os nomes das rúas oficiais senón aqueles nomes que emprega os veciños/as da zona, aínda que non estean recollidos oficialmente. 3. Buscar en mapas antigos de Vigo e preguntarlles aos avós/avoas maiores, mesmo a xente do barrio ou parroquia de máis idade. 4. Deben apuntar todo o que digan a xente que entrevisten, mesmo se lles contan lendas porque iso enriquece o traballo. 5. Deberán intentar sacar fotografías do lugar do topónimo e crear unha pequena descri - ción da súa localización. 6. Despois pasaran a analizar estes microtoponimos, poden axudarse dos libros recolli - dos nesta ligazón: https://toponimia.xunta.gal/es/toponimia/publicacions-de-intere- se?field_tipo_publicacion_target_id=25, onde atoparán moitas explicacións . 7. Finalmente, poderán redactar o traballo ou facer unha cartolina explicativa (para ser exposta). 8. A maiores, pódese pedir unha exposición oral do traballo.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==