Guia Docente Bachillerato

GUÍA DOCENTE BACHILLERATO ACTIVIDADE 6: RELACIÓN DA TOPONIMIA CO MEDIO T ipo de actividade D esenvolvemento R ecursos necesarios C adernos ou follas L ugar A ula ou biblioteca T empo estimado 40 M in Reflexiona sobre o que vas ler: “O coñecido como Monte da Guía, na parroquia de Teis, non sempre se chamou así. Era coñecido nun primeiro momento como Monte da Aguia o que leva a pensar en niños de aguia pola zona”. Entón, que cres pasou? A que se debe este cambio? Antigamente os nomes dos lugares eran só coñecidos pola veciñanza. Cando se fixo un rexis - tro das propiedades para comezar a poñer os carteis aos sitios, debido a pouco investigación e mesmo a impericia dos encargados desta tarefa, efectuaron un cambio acentual de Aguia a Aguía. Así, quedou como nome oficial A guía deturpando por completo o seu significado real. Aínda que os veciños seguiron pronunciando correctamente Aguia como ate o momento, pouco a pouco, foron convencéndose de que o correcto era dicir A guía como poñía nos carteis e nos documentos oficiais. Posteriormente cando, por desgraza, se castelanizou aínda máis o nome a La Guía non repararon neste colosal erro, pois non investigaron a súa orixe dando por sentado que este nome se debía a ermida construída no seu cumio que servía como “guía”. Pero a pouco que investigamos vemos que esta teoría non se sostén pois a ermida é de construción recente, a redor dun antigo castro. Así, é practicamente inviable que dese nome a un monte que leva milleiros e milleiros de anos habitado. Un topónimo que nun momento servía de coñecemento sobre o animal que o habitada que - dou sepultado por unha historia non real que aínda perdura ata hoxe. • Hoxe en día xa non existen niños de aguias neste monte, a que cres que se pode deber? • Cres que pasaría se nunca se cambiase o nome? • Como cres que dende a toponimia se pode axudar á conservación do medio no que vivimos?

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==