Guia Docente Bachillerato
GUÍA DOCENTE BACHILLERATO — — Resolución IX/4, da Novena Conferencia da ONU, sobre Normalización dos Nomes Xeo - gráficos, Nova York, 2007. Nesta resolución indícase que toda vez que os topónimos for - man parte do patrimonio cultural inmaterial cumpriría establecer programas de salvagarda e promoción da toponimia. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS ETIMOLOXÍAS POPULARES: ORIXE DOS NOMES INVENTADOS, CREADOS POLO POBO SEN BASE NA LINGUA OU NA HISTORIA. Segundo a crenza popular Castro Caldelas ten este nome debido a que un nobre da zona tiña dúas fillas e quería casalas. Un mozo nobre, chamado Castro, buscaba esposa pola zona. Entón o pai das mozas preguntoulle: Castro...........cal......delas? Este tipo de explicacións é o que coñecemos como etimoloxía popular. Coñeces algunha historia parecida? Investiga preguntando aos teus maiores Sabes que Pontevedra procede de Ponte+vella? E Ponteareas provén de Ponte + areas. Coñeces algún topónimo que se forme con dous palabras? ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA ANTROPONIMIA: Toda comunidade lingüística ten dereito a autodesignarse na súa lingua e toda persoa ten dereito ó uso do seu antropónimo na lingua que lle é propia en todos os ámbitos e a unha transcrición foneticamente tan fiel como sexa posible a outro sistema gráfico cando sexa necesario. (Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, Barcelona1996) Nesta tarefa terás que acudir á biblioteca e clasificar o teu nome pola súa orixe axudándote do Dicionario de Nomes da Biblioteca do Centro ou da páxina www.degalicia.org/antropo - nimia: http://consellodacultura.gal/cdsg/debolina.php?tipo=onoma ou http://ilg.usc.es/agon/ archives/tag/antroponimia-2/ .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==