Guia Docente Bachillerato
GUÍA DOCENTE BACHILLERATO Moitas foron as administracións públicas, entre eles o Concello de Vigo, que aprobaron textos legais para salvagardar a toponimia tradicional, e mesmo para fomentar a súa recuperación en nomes de rúas, camiños, edificios públicos... En Vigo temos un exemplo deste proceder e así no polígono de Navia, rúas como DAS UFAS, DAS TEIXUGUEIRAS, DA PEDRA SEIXA, DO XUNCAL... recuperaron os nomes de lugar tra - dicionais desa zona. Contesta: e) Como poderías salvagardar a toponimia tradicional? f) Coñeces algún outro exemplo de recuperación toponímica en Vigo? No ano 2016, o Parlamento Galego aproba a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cul - tural de Galicia . Entre os seus obxectivos están a “protección” e a “conservación” do patri- monio cultural galego. Este patrimonio cultural inclúe, entre outros, os bens mobles e inmobles, as manifestacións inmateriais. E dentro destas manifestacións inmateriais está A TOPONIMIA. Contesta: g) Como cres que se relaciona a cultura galega coa toponimia? Establece tamén que os poderes públicos han de protexela na ordenación do territorio, no urbanismo, na paisaxe... E han de garantir a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial , xa que logo da toponimia, e preservar a TOPONIMIA TRADICIONAL por se considerar valor identitario e instrumento para a concreción da denominación xeográfica dos pobos e dos seus bens. Contesta: h) Cres que a toponimia é un ben cultural que debemos salvagardar porque é un valor indentitario do noso pobo? Pon exemplo para explicalo Compromisos e recomendacións internacionais — — Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO, de 2003, ratificada polo goberno do estado no ano 2006.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==