Guia Docente Bachillerato
GUÍA DOCENTE BACHILLERATO Esta preocupación de respecto á toponimia non é allea a Comunidade Europea que, na súa Resolución do ano 1987 , sobre linguas e culturas das minorías rexionais e étnicas da CE, recoméndalles aos estados membros “recoñecer oficialmente os patronímicos e topónimos establecidos nas linguas rexionais” Contesta: a) Cal é a túa opinión sobre: a toponimia son “páxinas do libro da historia dun país”? b) Por que cres que existe esta preocupación ou atención cara á toponimia? O Estado español no ano 2015 aprobou a Lei 10/2015, do 26 de maio, para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial. Nesa lei declárase a TOPONIMIA TRADICIONAL como ben do patrimonio cultural inmate - rial, como instrumento para a concreción da denominación xeográfica dos territorios. Esta lei estatal tamén establece obrigas tales como velar polo respecto e conservación; trans - misión, difusión e promoción; sensibilización e información. Contesta: c) Cres conveniente conservar a toponimia? Por que? A conservación da toponimia outorga: o Conservación da riqueza léxica galega o Coñecemento das características do territorio o Aprendizaxe sobre os nosos antepasados e as súas construcións como castros o Coñecementos da mitoloxía e lendas, detrás de moitos topónimos existen len - das e personaxes mitolóxicos o Coñecemento do hábitat e do tipo de terreo o Coñecemento da organización da poboación o Coñecemento científico, sobre todo da fauna e flora o A toponimia pode desvelar as actividade humanos do pasado o Conservación ecolóxica da nosa flora e fauna, pois se coñecemos cal é a proto - típica da zona poderemos protexela. d) Como promocionarías e difundirías a toponimia? En Galicia a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística establece no art. 10.1 que a os topónimos de Galicia teñen só unha forma oficial: a galega.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==